Fotografía de Félix Sánchez Arrazola.
Un ano máis, teño a enorme fortuna de asesorar e colaborar coa organización da SIN-SON 2013.
É para min unha fortuna contar coa confianza dun extraordinario equipo humano, e é que se algo teño cada vez máis claro, é que o éxito ou fracaso de calquera proxecto, radica nas persoas que o desenvolven e levan a cabo. É esta unha proba feita por atletas e para atletas, pensando en todos e cada un deles, procurando que se sintan mimados e especiais.
Hai carreiras que contan con experiencia, outras con moitos recursos, outras con importantes apoios... neste caso, o noso maior valor é a ilusión e as ganas que todos poñemos nunha carreira cun circuíto dunha beleza extraordinaria, sempre paralelo ao mar. 10 kms para gozar entre dúas vilas mariñeiras, 10 kms que separan Portosin e Porto do Son todos para nós, para que superemos os nosos mellores rexistros e sobre todo, gocemos cada zancada.
Ao igual que o pasado ano, estarei na liña de saída... pero tamén na de meta, coas mesmas ganas e motivación que me levan a calzarme as zapatillas cada día, chova, neve ou faga sol. É difícil estar á altura dos nosos participantes, pero coa súa axuda e confianza, esperamos seguir crecendo e mellorando, aprendendo de erros e tomando nota de suxestións e consellos...
Xa queda menos!, ESPERÁMOSVOS!!!...
Pedro Nimo del Oro