Esta tarde, en Polideportivo de Santa Irene de Porto do Son, fíxose entrega por parte de Miguel Mayán (director da carreira) de dous xogos completos de equipacions de xogo ao Club Baloncesto Porto do Son, que estivo representado polo seu director deportivo Juan Filgueiras. Esta colaboración nace a raíz do espírito de colaboración co deporte base por parte da carreira, buscando así transmitir entre os sonenses os valores positivos que representa o deporte base e que se ven reflectidos no traballo diario do C.B. Porto do Son.
Os nenos poderán lucir as novas equipaciones na viaxe que realizaran este fin de semana a Gijón, con motivo da disputa das X Xornadas de baloncesto Noega, que organiza o C.B.G. Noega gijones. Dende aquí desexámoslles que gocen da experiencia que supón este desprazamento, algo sempre positivo para estes mozos deportistas.

